Ir ao contido principal

A profesora Ofelia Rey intervén en #Histori@dores II (FHE, Argentina)

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do grupo de investigación Historia Moderna (GI-1921), intervirá en #Histori@dores II, Ciclo internacional de encontros de actualización 2021, organizado pola Fundación para a Historia de España (Arxentina). A especialista da USC, que participa no panel “Xustizas, xusticiables e litigantes na monarquía hispánica (séculos XV-XIX)”, coordinado pola doutora Elisa Caselli (Universidad Nacional de San Martín, Arxentina), falará sobre a muller e a xustiza na Coroa de Castela e os seus mecanismos de defensa, no encontro do xoves 11 de novembro ás 15.30 horas (11.30 horas en Arxentina).

Máis información: http://www.fheargentina.com.ar/ciclo-historidores-ii/