A profesora Ofelia Rey participa no Atelier du Colonial et des Empires Modernes 2022-2023 (París, 2022)

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, impartirá unha conferencia o vindeiro martes 8 de novembro no Atelier du Colonial et des Empires Modernes 2022-2023, ciclo organizado por Gregorio Salinero. A xornada terá lugar na Cité Universitaire (París), entre as 17 e as 19 horas, e leva por título: “Fronteiras de auga: contactos nas periferias da Monarquía Hispánica”. O citado Atelier é un seminario interuniversitario en cuxa organización están implicados o Colexio de España, a Universidade da Sorbona e o seu Centre Roland Mousnier, así como as Universidades de París I e VIII e a Université du Littoral Côte d’Opale, para que asistimos a unha actividade de gran repercusión entre a comunidade académica francesa.