A profesora Ofelia Rey participa no II Seminario Internacional de Doutorandos. Desafios da História (Universidade do Miño, Portugal)
A profesora Ofelia Rey, membro do GIHM, participa no II Seminario Internacional de Doutorandos. Desafios da História, organizado polo Laboratório de Paisagens, Património e Território (Lab2PT), Universidade do Minho (Portugal). O encontro. A especialista da USC será a encargada de impartir a conferencia inaugural, co título “Números e letras: a volta da Historia cuantitativa”, no que abordará as derivas metodolóxicas da historia nos últimos anos. Do mesmo xeito, no encontro tamén participarán Anxo Rodriguez Lemos, Daniel Mena Acevedo, Pablo Vázquez Bello, Iago Castro Táboas, Alex Valledor Aróstegui e Antonio González López, contratados predoutorais e bolseiros vinculados ao GIHM.
Por último, forman parte do comité científico que avala a devandita reunión: Ofelia Rey Castelao (Universidad de Santiago de Compostela), Roberto J. López López (Universidad de Santiago de Compostela), Camilo Fernández Cortizo (Universidad de Santiago de Compostela), Domingo Luis González Lopo (Universidad de Santiago de Compostela), Hortensio Sobrado Correa (Universidad de Santiago de Compostela).
Ver o programa completo en adxunto.