A profesora Ofelia Rey participa nun encontro científico na Universidade de Granada

O vindeiro 22 de marzo, ás 16.00 horas, a profesora Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM da USC, impartirá a ponencia, “A confirmación, dun sacramento esquecido a un instrumento de reafirmación católica: A diocese de Santiago de Compostela”, na Universidade de Granada. A charla forma parte do Coloquio Internacional Vida Cotidiana y Disciplinamiento Social en Europa meridional y América colonial bajo el Antiguo Régimen, que se celebrará os días 22 e 23 de marzo. Todos os interesados poden asistir a este encontro, no que participan destacados modernistas, escribindo á organización.
Máis información e programa nun documento adxunto descargable.