A profesora Ofelia Rey participa nun Faladoiro organizado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas (Vigo, 2023)

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), vai participar nun faladoiro no Centro de Documentación e Recursos Feministas, Concello de Vigo. A especialista da USC vai falar sobre as espontáneas, nunha charla que leva por título “Espontaneadas a declaración de embarazo “ilexítimo” na Galicia dos séculos XVII a XIX”. Na Galicia da Idade Moderna había o costume bastante común de espontanearse: cando una muller de calquera estado tiña un embarazo “ilexítimo” –fóra do matrimonio eclesiástico– estaba obrigada a declaralo ante a autoridade civil correspondente. O obxectivo era evitar abortos e infanticidios polo que a idea era protexer ao feto. Pola contra, a muller perdía a súa honra publicamente polo que, alomenos en teoría, era un acto que a prexudicaba. O encontro terá lugar o martes, 11 abril 2023 ás 19:00.