A revista Obradoiro de Historia Moderna acaba de recibi-lo selo de calidade da FECYT
Esa valoración, realizada na convocatoria de 2018 (https://evaluacionarce.fecyt.es/Publico/Resolucion/resolucion.aspx), súmase a da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), que a categorizou como una revista de nivel A, namentres que segundo o índice RESH de 2004-2008, OHM era nesas datas a revista de maior impacto científico na área de historia moderna (http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/index). Un impacto medido pola taxa de citación, calculada en función das citas recibidas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas na Web of Science (http://epuc.cchs.csic.es/resh/indicadores).