Ir ao contido principal

A revista Obradoiro de Historia Moderna na Emerging Sources Citation Index (ESCI)

A revista Obradoiro de Historia Moderna ven de ser incorporada a Emerging Sources Citation Index (ESCI), unha base de datos que recompila todas as revistas mundiais que están sendo avaliadas para a súa inclusión nalgún dos índices de Web of Science, WoS (Science Citation Index; Social Sciences Citation Index e Arts&Humanities Citation Index).

Con independencia da súa eventual inclusión final en WoS, ESCI proporciona unha maior visibilidade ás revistas pertencentes á sua base de datos, grazas á rigorosa métrica das citas, que serve ao tempo como soporte de calidade e solidez aos avaliadores de WoS.

Esta sería pois un paso na máis na procura da calidade e do impacto que quere conseguir a equipa editorial para a revista OHM, en beneficio de todos aqueles investigadores que lles confían os seus traballos.