Ir ao contido principal

Coloquio Internacional XV Coloquios en Compostela “Fluxos migratorios atlánticos: galegos e caboverdianos na diáspora (SS. XVIII-XXI)”

Os días 30 e 31 de outubro de 2023, na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia, vaise celebrar o Coloquio Internacional XV Coloquios en Compostela “Fluxos migratorios atlánticos: galegos e caboverdianos na diáspora (SS. XVIII-XXI)”. O encontro, que está organizado e financiado pola Cátedra UNESCO 226 sobre migracións, está coordinada por Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo.

O coloquio está aberto á comunidade investigadora, polo que o alumnado de grado, doutorado e mestrado da USC, así como outro público interesado, é benvido a participar.

VIII Xornadas Internacionais Mulleres na Historia: Mulleres Boas

O día 20 de outubro de 2023, na Aula 8, Facultade de Xeografía e Historia, vanse celebrar as VIII Xornadas Internacionais Mulleres na Historia, coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia. Nesta ocasión, o encontro científico organízase en torno ao título “Mulleres Boas” e o mesmo poderá seguirse de xeito presencial ou en modalidade a distancia (só para alumnado e interesados externos á USC).

As xornadas están abertas a comunidade investigadora e a outro público interesado. Inscrición gratuíta: ata 19 de outubro, ás 19 horas, vía e-mail a Alex Valledor Aróstegui (alex.valledor@rai.usc.es) ou a Mario Sixto Puente (mario.sixto@rai.usc.es). Os asistentes de fóra da USC deberán contactar coa secretaría para obter a ligazón virtual.

O encontro está recoñecido pola CAPD, polo que se entregará certificado de asistencia, cun valor de 10 horas aos/ás estudantes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. Tamén se entregará diploma de asistencia presencial aos/ás estudantes dos mestrados e dos grados universitarios da USC, cun valor dez horas. A asistencia a distancia, a través de Microsoft Teams, queda reservada para os/as estudantes e investigadores/as externos á USC, así como outro público interesado non vinculado á institución organizadora. Todos/as os interesados en participar a distancia e en recibir a acreditación de participación deberán enviar un resumo de un máximo de dous folios antes do 31 de outubro de 2023.

Seminario científico “A Historia das Institucións hoxe. Logros e perspectivas de futuro”

Os días 17 e 18 de outubro de 2023, no salón de actos da Facultade de Filosofía, Universidade de Santiago de Compostela, vaise celebrar o seminario científico “A Historia das Institucións hoxe. Logros e perspectivas de futuro”. O encontro está coordinado por María del Carmen Saavedra Vázquez, catedrática de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e membro do GIHM, e María López Díaz, catedrática de Historia na Universidade de Vigo. As sesións celebraranse de xeito presencial e a distancia, reservando esta última opción para o alumnado externo á USC. Os/as interesados/as en asistir a distancia (Microsoft Teams) poden escribir a: mdelcarmen.saavedra@usc.es

No seminario, que está aberto á comunidade investigadora e a outro público interesado, participarán grandes especialistas no eido da historia política, diplomática e militar da época moderna. A matricula é de balde. Neste senso, todos aqueles participantes que asistan, alomenos, a un 80% das sesións poderán obter un diploma de asistencia ao encontro cun valor lectivo de 12 horas.

Coloquio “MODELOS E CLAVES DO SERVIZO DOMÉSTICO NA PENÍNSULA IBERICA, 1750-1950”

Os días 5-6 de outubro de 2023, na sala BO3 da facultade de Filoloxía (USC), vaise celebrar o coloquio “MODELOS Y CLAVES DEL SERVICIO DOMÉSTICO EN LA PENÍNSULA IBERICA, 1750-1950”. O encontro científico está coordinado polo profesor Isidro Dubert, catedrático de Historia Moderna na USC, e financiado polo Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), mais tamén conta coa colaboración do proxecto nacional “La transformación de la estructura ocupacional en España, 1860-1970″ (PID2021-123863NB-C22 /AEI/10.13039/501100011033/ FEDER, UE).

O coloquio está aberto a toda a comunidade investigadora. A matrícula será de balde e non é preciso formalizar unha inscrición previa. Con todo, para obter o diploma de asistencia será preciso asistir a todas as sesións e asinar nas pertinentes follas de control. A actividade está recoñecida pola CAPD de Historia, xeografía e historia da arte con 14 horas.

Conferencia de José Javier Ruiz Ibáñez (Universidad de Murcia)

O día 7 de setembro de 2023, de 11:30 a 13:30 horas, terá lugar unha nova sesión dos Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) baixo a coordinación do profesor Roberto J. López López (USC). Nesta ocasión, o doutor José Javier Ruiz Ibáñez (Universidad de Murcia) impartirá a conferencia «Interpretar la hegemonía hispánica más allá de las historiografías nacionales». A actividade terá lugar na sala de profesores da facultade de Xeografía e Historia e a mesma está aberta a toda a comunidade investigadora. Neste senso, entregarase certificado de asistencia aos/ás estudantes de doutorado de Historia, Xeografía e Historia del Arte e do mestrado universitario en “Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII” da USC.
O encontro está recoñecido pola CAPD de Historia, xeografía e historia da arte.

Mestrado Universitario en Historia Moderna: “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”

Xa está aberto o prazo de matrícula do curso 2023-2024.

A “Monarquía de España” foi a organización de poder máis formidable de Europa nos séculos XVI e XVIII. Este mestrado interuniversitario pretende afondar, cun criterio revisionista, na singularidade da estrutura de poder que era a «Monarquía de España», a través da análise da cultura política que alimentou esta noción monárquica, da política de ampliación dinástica, dos seus conflitos e da relixión, que se interrelacionaba coa cultura.

                                                                 

Conferencia da dra. Carmen Sarasúa (Universitat Autònoma de Barcelona)

O día 5 de xullo de 2023, de 10:30 a 12:00 horas, terá lugar unha nova sesión dos Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) baixo a coordinación do profesor Isidro Dubert (USC). Nesta ocasión, a doutora Carmen Sarasúa (Universitat Autònoma de Barcelona) impartirá a conferencia «Tendencias recentes na análise da organización histórica do traballo. Minería de datos e codificación de ocupacións». A actividade terá lugar na sala de profesores da facultade de Xeografía e Historia e a mesma está aberta a toda a comunidade investigadora. Neste senso, entregarase certificado de asistencia aos/ás estudantes de doutorado de Historia, Xeografía e Historia del Arte e do mestrado universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII da USC.

IV Seminario Internacional Os Horizontes da Historia (USC)

O vindeiro 16 de xunio de 2023 vaise celebrar o IV Seminario de Novos Investigadores e Investigadores: Os Horizontes da Historia. O encontro, coordinado por Antonio González López, Alex Valledor Aróstegui e Daniel Mena Acevedo e organizado polo proxecto de investigación Ciudades y villas atlánticas del noroeste ibérico: gobernanza y resistencias en la edad moderna, financiado pola Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación, e Fondos Feder (PGC2018-093841-B C31), pretende proporcionar unha plataforma de difusión para a divulgación dos estudos dos novos historiadores, tanto nacionais como internacionais. Neste senso, participan estudantes das universidades de Cantabria, Barcelona, Pompeu Fabra (Barcelona), País Vasco, Málaga/CSIC, Castilla-A Mancha, Universidade do Minho (Portugal) y Santiago de Compostela. As comunicacións estarán intercaladas coas relatorías dos Prof. Manuel Herrero Sánchez (Universidad Pablo de Olavide) e o Prof. Cosme J. Gómez Carrasco (Universidad de Murcia). Asemade, o seminario é un punto de encontro e, sobre todo, un lugar de debate.

O acto terá lugar na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, en horario de 9:00 a 20:00 horas. A actividade está recoñecida con dez horas lectivas polo programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte e tamén polo máster “Monarquía de España, séculos XVI-XVIII”

Máis informacións en: https://piculturban.wixsite.com/culturban

Coloquio Internacional “Relacións entre Galicia e Portugal: migración laboral, peregrinacións e exilios (séculos XVI-XX)”

O vindeiro mes de xullo, os días 6 e 7, vaise celebrar o coloquio internacional “Relacións entre Galicia e Portugal: migración laboral, peregrinacións e exilios (séculos XVI-XX)”, coordinado por Camilo Fernández Cortizo e Hortensio Sobrado Correa, profesores da USC e membros do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921). As sesións do primeiro día terán lugar na aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela, mentres que as sesións do segundo día celebraranse na Casa da Cultura, Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).

O encontro conta co recoñecemento da CAPD, do 30 de maio de 2023, polo que se entregará un certificado de 10 horas aos/ás asistentes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. En calquera caso, os coordinadores do curso darán un diploma acreditativo a todos os asistentes, cun valor de 10 horas, sempre que cumpran coa condición de participar, como mínimo, no 80% das horas.

Matrícula:

– Gratuíta

– Actividade aberta á comunidade universitaria e investigadora, así como a outro público interesado.

Inscricións: enviar un correo electrónico cos datos do solicitante a: anam.sixto@usc.es

II Seminario Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna

O día 12 de maio de 2023, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (USC), vaise celebrar o II Seminario Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna, coordinado polo profesor Roberto J. López López, Universidade de Santiago de Compostela.

As sesións poderán seguirse de xeito presencial ou a distancia (alumnado de fóra da USC e/ou do mestrado universitario Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII), previa inscrición e solicitude da ligazón. As inscricións son gratuítas e, para matricularse, só ha que escribir un correo, indicando nome e estudos (grao, mestrado e doutoramento) á seguinte dirección, anam.sixto@usc.es.

Esta actividade está recoñecida para o alumnado do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC con 5 horas lectivas. Do mesmo xeito, entregarase diploma de asistencia aos/ás estudantes dos mestrados Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII e Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte, previa inscrición antes do 11 de maio de 2023. Só se entregará certificado a quen participe en todas as sesións.