Conferencia de Lucía Uncal (Universidade Nacional de La Plata, Arxentina)
Datas: 15/02/2023 | 15/02/2023
O vindeiro día 15 de febreiro de 2023, ás 12 horas, terá lugar unha actividade científica coa investigadora convidada Lucía Uncal, da Universidad Nacional de La Plata. A especialista arxentina impartirá unha conferencia titulada “Cara á profesionalización: cómicos e cómicas na Monarquía Hispánica (séculos XVI e XVII)”. O encontro, que se celebrará na sala dos seminarios de arte (último piso, área de despachos), da Facultade de Xeografía e Historia (USC), está aberto a toda a comunidade investigadora.

Coordinadora: Ofelia Rey Castelao (USC)
Organizan: Proxecto “Cidades e vilas atlánticas do noroeste ibérico: gobernanza e resistencia na idade moderna” (PID2021-124823NB-C21) e proxecto “RESISTENCIA. Rebelión e Resistencia no Imperio Ibérico, séculos XVI-XIX (RISE 2017. Nº 778076. H2020-MSCA-RISE-2017).
Colabora: Grupo de Investigación de Historia Moderna (GI-1921)