Coloquio Internacional “Relacións entre Galicia e Portugal: migración laboral, peregrinacións e exilios (séculos XVI-XX)”
Datas: 06/07/2023 | 07/07/2023 Actividade aberta
O vindeiro mes de xullo, os días 6 e 7, vaise celebrar o coloquio internacional “Relacións entre Galicia e Portugal: migración laboral, peregrinacións e exilios (séculos XVI-XX)”, coordinado por Camilo Fernández Cortizo e Hortensio Sobrado Correa, profesores da USC e membros do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921). As sesións do primeiro día terán lugar na aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela, mentres que as sesións do segundo día celebraranse na Casa da Cultura, Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).
O encontro conta co recoñecemento da CAPD, do 30 de maio de 2023, polo que se entregará un certificado de 10 horas aos/ás asistentes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. En calquera caso, os coordinadores do curso darán un diploma acreditativo a todos os asistentes, cun valor de 10 horas, sempre que cumpran coa condición de participar, como mínimo, no 80% das horas.
Matrícula:
– Gratuíta
– Actividade aberta á comunidade universitaria e investigadora, así como a outro público interesado.
Inscricións: enviar un correo electrónico cos datos do solicitante a: anam.sixto@usc.es

PROGRAMA
6 de Xullo (Santiago. Facultade de Xeografía e Historia)
Sesión da mañá
09,00. Apertura do curso.
09,30-10,15. Eduardo Pires de Oliveira (Universidade de Lisboa).
Minho/Galiza: dois mil anos de mãos dadas.
10,15-11,00. Carlos Pazos Justo (Universidade do Minho).
Os Lisboanos. Os casos de Alfredo Guisado e Ramiro Vidal Carrera.
11,00-11,30. Descanso.
11,30-12,15. Aurora Botão do Rego.
O Caminho Portugués da Costa. Fontes para a sua fundamentação e análise (ss. XVI-XIX)
12,15-13,00. Alexandra Esteves (Universidade do Minho)
Crimes no Alto Minho: quando os galegos são os protagonistas.
13,00-13,30. Coloquio.
Sesión vespertina
17,00-17,45. Camilo Fernández Cortizo (USC)
O levantamento galego de 1846: o exilio en Portugal dos perdedores.
17,45-18,30. Domingo L. González Lopo (USC)
O contrabando no Baixo Miño no tempo da posguerra: lembranzas de D. Praxíteles González Martínez.
18,30-19,00. Coloquio.
7 de Xullo (Ponte Caldelas. Casa da Cultura)
Sesión da mañá
10,00-10,30. Recebemento e saúdo do Sr. Alcalde D. Andrés Díaz Sobral.
10,30-11,15. Hortensio Sobrado Correa (USC).
Emigración, pobreza e marxinación. A asistencia aos galegos na cidade de Porto, séculos XVI-XVIII.
11,15-12,45. Descanso.
12,45-13,30. Juan López Bedoya (USC) y José Ramón Pérez Salgado (SED)
Documentación, representación gráfica e aspectos sociais dos “lisboanos” na primeira metade do século XX.
13,30-14,00. Domingo L. González Lopo (USC).
A presencia da migración galega a Portugal na cultura material: arquitectura e decoración nas casas dos “lisboanos” e da súa xente.
14,00-14,30. Debate e peche do encontro
Sesión vespertina
16,00-21,00. Visita didáctica. Patrimonio arquitectónico e roteiro da emigración galega a Portugal.
Comité Científico
- Dr. Bernard Vincent, École de Hautes Études en Sciences Sociales (Francia)
- Dr. Isidro Dubert, Universidade de Santiago de Compostela
- Dr. João Cosme, Universidade de Lisboa (Portugal)
- Dr. Lourenço Gomes, Universidade de Cabo Verde (Cabo Verde)
- Dra. Mafalda Soares da Cunha, Universidade de Évora (Portugal)
- Dr. Manuel Reyes García Hurtado, Universidade da Coruña
- Dra. Maria Antónia Lopes, Universidade de Coimbra (Portugal)
- Dra. Ofelia Rey Castelao, Universidade de Santiago de Compostela
- Dr. Osvaldo Víctor Pereyra, Universidad Nacional de La Plata (Argentina)
- Dr. Pegerto Saavedra Fernández, Universidade de Santiago de Compostela
Financia
Españoles en Portugal (1715-1868): emigración laboral y exilios políticos, Proxecto Nacional I+D+I (PID2021-123476NB-100)
Colabora
Cátedra Unesco 226 sobre Migracións (USC), Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) e Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)