Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Cancelación da conferencia de Manuel Peña Díaz (Universidade de Córdoba)

Datas: 27/03/2020 | 27/03/2020

O doutor Manuel Peña Díaz (Universidade de Córdoba) impartirá unha conferencia titulada “A cultura popular na arte e na literatura dos séculos XVI e XVII” na USC. A charla terá lugar o 22 de abril de 2020, de 12:00 á 14:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia. Esta actividade, coordinada por Roberto J. López López e organizada polo Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta a toda a comunidade universitaria.

O encontro forma parte dos Seminarios de Formación GIHM (2019-2020) e está recoñecido como actividade docente polo programa de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” e polo máster “Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI -XVIII”, polo que se entregará certificado acreditativo de asistencia.

CV do conferenciante