Conferencia da Dra. Ana Isabel López-Salazar Codes (Universidad Complutense de Madrid)
Datas: 03/12/2021 | 03/12/2021
A doutora Ana Isabel López-Salazar Codes (Universidad Complutense de Madrid) impartirá a conferencia titulada “Institucións e elites eclesiásticas no Portugal Moderno: entre Cabidos, Universidade e Inquisición”. O relatorio celebrarase o 3 de decembro de 2021, ás 11:00 horas, na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Este seminario internacional, coordinado polo profesor Domingo L. González Lopo e organizado polo mestrado de Historia Moderna “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, está aberto á participación de toda a comunidade universitaria.
Ingrese á reunión premendo aquí

Organiza o mestrado en Historia Moderna: Monarquía de España. Siglos XVI-XVIII, Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Cantabria y Universidad Autónoma de Madrid.