Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Conferencia da dra. Carmen Sarasúa (Universitat Autònoma de Barcelona)

Datas: 05/07/2023 | 05/07/2023

O día 5 de xullo de 2023, de 10:30 a 12:00 horas, terá lugar unha nova sesión dos Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) baixo a coordinación do profesor Isidro Dubert (USC). Nesta ocasión, a doutora Carmen Sarasúa (Universitat Autònoma de Barcelona) impartirá a conferencia «Tendencias recentes na análise da organización histórica do traballo. Minería de datos e codificación de ocupacións». A actividade terá lugar na sala de profesores da facultade de Xeografía e Historia e a mesma está aberta a toda a comunidade investigadora. Neste senso, entregarase certificado de asistencia aos/ás estudantes de doutorado de Historia, Xeografía e Historia del Arte e do mestrado universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII da USC.

Matricula do curso: de balde

Inscricións: anam.sixto@usc.es

Organiza e financia: Grupo de Investigación Historia Moderna, Universidade de Santiago de Compostela

Fotografías do encontro

Descargar adxunto