Conferencia de José Ignacio Fortea Pérez (Universidade de Cantabria)
Datas: 08/11/2019 | 08/11/2019
O doutor José Ignacio Fortea Pérez (Universidade de Cantabria) impartirá unha conferencia titulada “Perspectivas do absolutismo en Francia e en Castilla a principios da Idade Moderna: dous modelos en contraste”. A charla realizarase o venres oito de novembro de 2019, de 12:00-14:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Esta actividade, coordinada polos profesores Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo, está aberta á participación de todos os estudantes.

Organiza: Máster “Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Cantabria e Universidad Autónoma de Madrid.