Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Conferencia de José Javier Ruiz Ibáñez (Universidad de Murcia)

Datas: 07/09/2023 | 07/09/2023 Actividade aberta

O día 7 de setembro de 2023, de 11:30 a 13:30 horas, terá lugar unha nova sesión dos Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) baixo a coordinación do profesor Roberto J. López López (USC). Nesta ocasión, o doutor José Javier Ruiz Ibáñez (Universidad de Murcia) impartirá a conferencia «Interpretar la hegemonía hispánica más allá de las historiografías nacionales». A actividade terá lugar na sala de profesores da facultade de Xeografía e Historia e a mesma está aberta a toda a comunidade investigadora. Neste senso, entregarase certificado de asistencia aos/ás estudantes de doutorado de Historia, Xeografía e Historia del Arte e do mestrado universitario en “Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII” da USC.
O encontro está recoñecido pola CAPD de Historia, xeografía e historia da arte.

Matricula do curso: de balde

Inscricións: anam.sixto@usc.es

 

Ingreso á aula virtual

Nota: A asistencia virtual só se computará como válida para aqueles participantes de fóra da USC e alumnos do mestrado compartido pola USC, UC e UAM.

 

Organiza e financia: Grupo de Investigación Historia Moderna, Universidade de Santiago de Compostela