Conferencia de Rafael F. Torres Sánchez (Universidade de Navarra)
Datas: 07/10/2019 | 07/10/2019
O doutor Rafael Torres Sánchez (Universidade de Navarra) impartirá o luns 7 de outubro de 2019 unha conferencia titulada “A guerra na contrucción do Estado moderno europeo”. A actividade desenvolverase na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia (USC), de 12:00 a 14:00 horas. Esta actividade, vinculada ao Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta á participación de todos os estudantes.

Esta actividade inscríbise dentro dos seminarios de formación do Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), USC.