Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Conferencia do dr. José Manuel Vázquez Lijó (Universidade da Coruña & Museo Marea)

Datas: 25/04/2022 | 25/04/2022

O luns 25 de abril de 2022, ás 11:00 horas, terá lugar unha nova actividade dentro dos ciclos formativos do Grupo de Investigación en Historia Moderna (GI-1921) para o curso 2021-2022. Nesta ocasión, o doutor José Manuel Vázquez Lijó, profesor da Universidade da Coruña e técnico do Museo Marea (Porto do Son), impartirá o relatorio “O mar e o patrimonio en Galicia, ss. XVI-XIX”. O encontro celebrarase na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia.

Esta actividade científica, que está coordinada polo profesor Pegerto Saavedra Fernández, membro do GIHM, está recoñecida pola comisión do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, así como polo mestrado en Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI-XVIII. Non obstante, o encontro presencial está aberto á participación de toda a comunidade universitaria.

Imaxe: Joaquín Araujo, Escabecheiras na ría de Vigo1888. © Museo do Prado

 

Coordina: Pegerto Saavedra Fernández, Dep. Historia, USC

Organiza e financia: Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921)

[Cartel da actividade en adxunto]

Descargar adxunto