Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Conferencia inaugural do mestrado universitario “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII” a cargo do dr. Pegerto Saavedra

Datas: 03/10/2022 | 03/10/2022

O día 3 de outubro, ás 16.30 horas e na aula 16, comezan as actividades do mestrado universitario en Historia Moderna: “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”. A conferencia inaugural, que este ano será impartida polo profesor Pegerto Saavedra, catedrático emérito de Historia Moderna da USC, leva por título, O catastro de Ensenada: unidade e diversidade nos procesos de elaboración e nos resultados. Ademais da opción presencial, os interesados poden asistir de xeito virtual. A actividade está aberta a toda a comunidade investigadora. 

Prema aquí para ingresar na conferencia

Organiza: Mestrado Universitario Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”

Coordina: Roberto J. López López

Colabora: Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921)

[Cartel da actividade en documento adxunto]

Descargar adxunto