Curso de verán 2022 (USC): Historia da Galicia Marítima. Expansión Económica, Crise e Conflitividade Social
Datas: 11/07/2022 | 13/07/2022
O vindeiro mes de xullo, os días 11-13, celebrarase o curso de verán “Historia da Galicia Marítima. Expansión Económica, Crise e Conflitividade Social”, coordinado polo profesor Isidro Dubert García, catedrático de Historia e director do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921). A reunión científica, que forma parte dos cursos organizados pola Universidade de Verán 2022 (USC), terá lugar no salón de actos da facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, Santiago.
Actualización! A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (Grao) para o seu alumnado, e recibirán a tal efecto un certificado, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso: 1 crédito ECTS.
Curso recoñecido pola Comisión Académica do Programa de Doutorado (CAPD) de Historia, Arte e Xeografía da USC (valor 10 horas).
Matrícula:
– Taxa reducida: aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC, é de 40 €.
– Taxa xeral: excluíndo os anteriores casos, é de 70 €.
Incripcións: https://www.usc.gal/gl/servizos/cultura/veran#SANTIAGO

PROGRAMA
DIA 11 DE XULLO
9:15
Apertura do curso
9:30-10:30
Mar e a civilización na Galicia Antiga: indíxenas, romanos e cidades
Francisco J. González García, profesor de historia antiga na USC
10:30-11:30
O mar na Galicia medieval: de tenebroso océano a rota fundamental
Xosé M. Andrade Cernadas, profesor de historia medieval na USC
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00
“Sen o mar e sen o barco”. Cando Galicia perdeu o mar
Anselmo López Carreira, catedrático de historia de ensino medio
16:00-17:00
Pesca, comercio e conflito social na Galicia durante a época moderna
Isidro Dubert, catedrático de historia moderna na USC
DIA 12 DE XULLO
9:30-10:30
Comercio e intercambios na Galicia marítima durante os séculos XVIII e XIX: do tráfico negreiro ao xurdimento da banca moderna
Luís Alonso Álvarez, catedrático de historia e institucións económicas na UDC
10:30-11:30
Control estatal, conflitos e oportunidades. A matricula de mar e a pesca na Galicia do Antigo Réxime
Xosé Manuel Vázquez Lijó, profesor de historia moderna na UDC
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00
Entre o motín e a folga: conflito laboral e violencia colectiva nas cidades costeiras do noroeste galego a finais do Antigo Réxime
Xosé M. Cardesín, catedrático de historia dos movementos sociais na UDC
16:00-17:00
“Sardinocracia”. Os empresarios da primeira industrialización de Galicia
Xoán Carmona Badía, catedrático de historia e institucións económicas na USC
17:00-18:30 Mesa redonda cos poñentes: Comercio, pesca, industria e conflito no desenvolvemento da Galicia litoral
DIA 13 DE XULLO
9:30-10:30
Loita de clases na Galicia marítima, 1890-1945
Dionisio Pereira, catedrático de historia de ensino medio
10:30-11:30
O traballo das mulleres na Galicia litoral, 1880-1970
Luisa Muñoz Abeledo, profesora de historia contemporánea na USC
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00
“Para mariñeiros, nós”. A pesca na Galicia do século XX
Xesús Giraldez Rivero, profesor de historia e institucións económicas na USC
16:00-17:00
Industrialización e desindustrialización da Galicia marítima, 1959-1995
Pedro Varela Vázquez, profesor de historia e institucións económicas na USC
17:00-18:30 Mesa redonda cos poñentes: As oportunidades perdidas no desenvolvemento da Galicia marítima
18:30 Clausura do curso
Fotografías das xornadas
[Pode descargar o cartel e o programa no documento adxunto]