CURSO DE VERÁN “A MORTE DUN PAIS? VELLOS, MULLERES E EMIGRANTES NA HISTORIA DE GALICIA”
Datas: 12/07/2017 | 14/07/2017
Dirección: Isidro Dubert
Secretaría: Fernando Suárez Golán
Nº de horas lectivas: 24
Límite de prazas: non
? Matricularse neste curso
Programa do curso

Neste curso trátase de pór ao alcance dos asistentes as achegas máis importantes que a investigación en disciplinas tan diferentes como a Historia, a Xeografía, a Economía, ou a Filoloxía, ten feito ao redor da historia da vellez e da emigración en Galicia. Os froitos das súas achegas contrastan, cando non cuestionan abertamente, a visión que da vellez, o avellentamento, a emigración e as súas implicacións está a ser difundida hoxe no seo da sociedade galega.
O curso ten unha duración de 24 horas e a USC lle recoñece 1 crédito ECTS para os seus estudantes. Nel participan historiadores, xeógrafos, sociólogos, lingüistas e xornalistas, co obxectivo de pór ó alcance dos asistentes as achegas máis importantes que a investigación levada a cabo nas súas respectivas disciplinas teñen feito ó redor da historia da vellez, da muller e da emigración en Galicia. Unhas achegas que contrastan, cando non cuestionan abertamente, a visión que da vellez, do avellentamento, dos emigrantes, da emigración, da muller, da súa baixa fecundidade e das súas supostas implicacións (a rápida e inminente morte do país no eido cultural, demográfico ou social), está a ser difundida hoxe no seo da sociedade galega.
Trátase pois de informar ós asistentes sobre aqueles aspectos históricos que se lle agochan cando se fala destes temas; uns aspectos que, sen dúbida, lles permitirán ver, interpretar ou ler o presente, e xa que logo o futuro do país, dun xeito ben distinto ó proposto polos agoireiros e polos agoiros que hoxe se fan dende os xornais, a radio ou a televisión sobre ese suposto futuro de Galicia.
Información sobre prazos e matrícula (curso nº 15): http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/#santiago
PROGRAMA
DIA 12 DE XULLO
9:00
Inauguración do curso: Agoiros e agoireiros da morte do país: vellos, mulleres e emigrantes
Isidro Dubert
10:00
A Galicia romana: a morte dun país, o nacemento doutro
Francisco Xavier González García, profesor de historia antiga na USC
11:00
O reino dos vedraios na Galicia medieval
Xosé M. Andrade, profesor de historia medieval na USC
12:15 Descanso
12:45-14:00
Emigración, muller e empoderamento feminino na época moderna
Ofelia Rey Castelao, catedrática de historia moderna na USC
16:30-17:30
Moitos e poderosos. A realidade dos vellos e da vellez na Galicia moderna
Isidro Dubert, catedrático de historia moderna na USC
17:30-18:00 Descanso
18:00-20:00 Mesa redonda cos poñentes:
Emigración, muller, vellez e avellentamento: o esquezo da realidade histórica nos agoiros da morte do país
DIA 13 DE XULLO
9:00-10:30
Traficantes de soños e ilusións. Os beneficiarios da emigración a América na Galicia contemporánea
Raúl Soutelo Vázquez, profesor de didáctica das ciencias sociais na USC
10:30-12:00
Formas de ver a emigración nos séculos XIX e XX
Ramón Villares, catedrático de historia contemporánea na USC e presidente do CCG
12:15 Descanso
12:45-14:00
Antes como agora: emigración, avellentamento na Galicia contemporánea
Julio Hernández Borge, profesor de xeografía humana na USC
16:30-17:30
Foi cousa de Franco? A asistencia social na Galicia rural
Daniel Lanero Táboas, investigador Ramón y Cajal no departamento de historia da USC
17:30-18:00 Descanso
18:00-20:00 Mesa redonda cos poñentes:
Ollares indignados, silencios cómplices: emigración, vellez e dominación social en Galicia
DIA 14 DE XULLO
9:00-10:30
Lingua, cultura, emigración e avellentamento na Galicia actual
Henrique Monteagudo, profesor de filoloxía galega e secretario da RAG
10:30-12:00
Emigración e manipulación electoral na Galicia autonómica
Anxo Lugilde, xornalista, politólogo, analista político na prensa do país e corresponsal de La Vanguardia en Galicia
12:15 Descanso
12:45-14:00
Quebra ou sostenibilidade? As políticas asistenciais á vellez en Galicia
Melchor Fernández, profesor de fundamentos de análise económica na USC
16:30-17:30
O mal non acouga. Apocalipse demográfica na Galicia de hoxe: emigración, xénero e avellentamento
Antía Pérez Caramés, profesora de socioloxía da UDC
17:30-18:00 Descanso
18:00-20:00 Mesa redonda cos poñentes:
Esmorecemento lingüístico, manipulación electoral, catastrofismo demográfico… Que se agocha trala morte do país?
20:00 Clausura do curso