Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Encontro científico: “Nas orixes da apocalipse demográfica e social de Galicia”

Datas: 24/10/2019 | 25/10/2019

A actividade celebrarase os días 24 e 25 de outubro de 2019 no salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña e está organizada por Isidro Dubert, membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna” da USC, e Antía Pérez Caramés, integrante do “Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais” da Universidade da Coruña. Nela exporanse aqueles contidos propios da Historia Moderna, Historia Contemporánea, Historia Económica de Galicia, Demografía Histórica, Socioloxía Histórica e Demografía, que axudan a comprender a actual situación demográfica e social de Galicia, a partires do acontecido ao respecto en España e Europa.

Este encontro científico foi recoñecido con 10 horas lectivas pola Comisión Académica do Doutoramento (USC), polo que se entregará certificado aos asistentes. Todos aqueles de desexen participar deben enviar un email cos seus datos básicos (nome, apelidos, DNI, facultade e ano do grao que están a cursar) ao seguinte enderezo: simposiodemografia@gmail.com 

Especialistas que participan na actividade:

  • Hervé Le Bras. Director de estudios emérito do Laboratorio de Demografía e Historia Social, École des Hautes Études en Sciences Sociales (Francia). Investigador emérito do Instituto Nacional de Estudos Demográficos (INED, Francia)
  • Andreu Domingo. Subdirector do Centro de Estudos Demográficos (CED) da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Profesor no Departamento de Xeografía da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB)
  • Julio Pérez Díaz. Científico Titular. Instituto de Economía, Xeografía e Demografía. Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)
  • Teresa Castro Martín. Profesora de investigación. Instituto de Economía, Xeografía e Demografía. Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
  • Edelmiro López Iglesias. Director do Departamento de Economía Aplicada da USC, e Profesor de Economía Aplicada. Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Isidro Dubert. Catedrático de Historia Moderna. Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Antía Pérez Caramés. Profesora de Socioloxía. Universidade da Coruña (UDC)
  • Belén Fernández Suárez. Profesora de Socioloxía na Universidade da Coruña (UDC)

CARTAZO

[Programa en adxunto]

Descargar adxunto