Guerra e territorio na España dos Austrias
Datas: 03/10/2019 | 04/10/2019
O seminario científico “Guerra e territorio na España dos Austrias” celebrarase os días 03 e 04 de outubro no Museo Militar da Coruña.

Este seminario de investigación ten como obxectivo afondar nos mecanismos de xestión da guerra nos diversos territorios peninsulares. Partindo desta base, trata de ofrecer un balance de conxunto e, á vez, promover un debate ao redor da natureza da administración militar española. En concreto, trataríase de resolver a disxuntiva entre a existencia dun único modelo de natureza plural ou a convivencia de varios modelos de xestión diferenciados.
En último termo, a verdadeira cuestión de fondo sería determinar se a forma de xestión elixida responde á realidade dunha monarquía que reforza a súa poder utilizando a diversidade territorial no seu propio beneficio ou ben se ve debilitada pola necesidade de obter o consenso dos poderes territoriais. E ao lado contrario, se a contribución á política militar facilitou a integración dos diversos territorios peninsulares nunha política común ou acentuou a disgregación territorial. Cuestións ambas que requiren dunha reflexión pausada, destinada a poñer de manifesto o importante papel reservado á administración militar no proceso de configuración da monarquía dos Austrias.
PROGRAMA
Xoves 3 de outubro. Sesión de mañá:
9,45-10,15 hs. Presentación do seminario
10,15-10,45 hs. María del Carmen Saavedra (Universidade de Santiago de Compostela): Guerra, levas e institucións en Galicia: 1640-1700
10,45-11,15 hs. Imanol Merino (U. del País Vasco/ Euskal Herriko Unibertsitatea):
O estandarte de Cantabria. Servicios de homes e ubicación política dos territorios vascos (séculos XVI-XVII)
11,15-11,45 hs. Antonio José Rodríguez Hernández (UNED):
A defensa da fronteira navarra no reinado de Carlos II: sistemas de participación e colaboración militar entre reinos
11,45-12,15 hs. Descanso
12,15-13,15 hs. Recapitulación e debate.
Xoves 3 de outubro. Sesión de tarde:
16,00-16,30 hs. Luis Salas Almela (Universidad de Córdoba):
Sevilla, os seus anteportos e a aristocracia: institucións, defensa e construcción do territorio na primeira metade do século XVI
16,30-17,00 hs. Antonio Jiménez Estrella (Universidad de Granada):
Defensa, recursos e administración militar na costa do reino de Granada nos séculos XVI e XVII: permanencias e transformacións nunha fronteira mediterránea
17,00-17,30 hs. Enrique García Hernán (CSIC):
O marqués de Távara e a defensa de Castilla a mediados do século XVII
17,30-18,00 hs. Descanso
18,00-18,30 hs. J.J. Ruiz Ibáñez (Universidad de Murcia):
Guerra e lóxicas de defensa no reino de Murcia nos séculos XVI-XVII
18,30-19,30 hs. Recapitulación e debate.
Venres 4 de outubro. Sesión de mañá:
10,00- 10,30 hs. Juan Francisco Pardo Molero (Universitat de Valéncia):
A administración da defensa. Formas de goberno militar no reino de Valencia (século XVI)
10,30-11,00 hs. Enrique Solano Camón (Universidad de Zaragoza):
Xeoestrategia, foros e milicia en Aragón, 1563-1645
11,00-11,30 hs. Descanso
11,30-12,00 hs. Antonio Espino López (Universitat Autònoma de Barcelona):
Loxística, guerra e fronteira na Cataluña do Barroco, 1652-1700
12,00-13,00 hs. Recapitulación e debate.
ENTRADA LIBRE
Nota: Os asistentes que queiran un certificado acreditativo, deben inscribirse enviando un correo electrónico, indicando o seu nombre completo, DNI e programa de doutoramento, se procede, á dirección: anam.sixto@usc.es