Ir ao contido principal
Volver á listaxe

II Seminario Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna

Datas: 12/05/2023 | 12/05/2023

O día 12 de maio de 2023, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (USC), vaise celebrar o II Seminario Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna, coordinado polo profesor Roberto J. López López, Universidade de Santiago de Compostela.

As sesións poderán seguirse de xeito presencial ou a distancia (alumnado de fóra da USC e/ou do mestrado universitario Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII), previa inscrición e solicitude da ligazón. As inscricións son gratuítas e, para matricularse, só ha que escribir un correo, indicando nome e estudos (grao, mestrado e doutoramento) á seguinte dirección, anam.sixto@usc.es.

Esta actividade está recoñecida para o alumnado do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC con 5 horas lectivas. Do mesmo xeito, entregarase diploma de asistencia aos/ás estudantes dos mestrados Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII e Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte, previa inscrición antes do 11 de maio de 2023. Só se entregará certificado a quen participe en todas as sesións.

PROGRAMA

9:15 Presentación do Seminario

9:30-10:30

O significado político dunha misa polifónica: a Misa Pro Victoria (1600) de Tomás Luis de Victoria

Alfonso de Vicente Delgado, Conservatorio Profesional de Música de Madrid

10:30-11:30

Música e representación do poder real durante a Guerra de Sucesión (1701-1714)

Carlos González Ludeña, Universidade de Salamanca & Universidade Complutense de Madrid

11.30-12:00 Descanso

12:00-13:00

Jaén, 1814: son, discurso e poder arredor da Guerra da Independencia española

Javier Marín-López, Universidade de Jaén

Virginia Sánchez-López, Universidade de Jaén

Isabel Ayala-Herrera, Universidade de Jaén

13:00-14:00

Os villancicos bélicos de José de Vaquedano, mestre de capela da catedral de Santiago (1688-1711)

Carlos Villanueva Abelairas, Universidade de Santiago de Compostela

 

Organiza e Financia: Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921)

Material das relatorías

Descargar adxunto