Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Mestrado Universitario en Historia Moderna: “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”

Datas: 12/07/2023 | 18/09/2023 Actividade aberta

Xa está aberto o prazo de matrícula do curso 2023-2024.

A “Monarquía de España” foi a organización de poder máis formidable de Europa nos séculos XVI e XVIII. Este mestrado interuniversitario pretende afondar, cun criterio revisionista, na singularidade da estrutura de poder que era a «Monarquía de España», a través da análise da cultura política que alimentou esta noción monárquica, da política de ampliación dinástica, dos seus conflitos e da relixión, que se interrelacionaba coa cultura.

                                                                 

O mestrado en Historia Moderna “Monarquía de España” séculos XVI-XVIII, organizado e impartido pola Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Cantabria, a través dun enfoque revisionista e multidisciplinario, busca afondar na singularidade desa estrutura de poder que era a “Monarquía de España”, tendo en conta varias liñas:

• A análise da cultura política subxacente que alimentou esta noción monárquica, coa súa aspiración ao poder universal e a súa capacidade para facer posible unha extraordinaria diversidade territorial e organizativa.

• A política de ampliación dinástica, coas súas vagas de conflitos, representou un desafío permanente en relación á busca dos recursos necesarios, o que provocou o declive do Imperio.

• A institucionalización da relixión e a condición única da Monarquía de España como “monarchia in ecclesia” ou monarquía católica. Así mesmo, a análise da cultura popular constitúe un contraste obrigatorio que nos permitirá ofrecer unha lectura dende abaixo.

Outras informacións:

Tipo:                         Presencial
Área:                         Artes y Humanidades
Centro(s):                         Facultad de Geografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
Info:                         WEB_USC
Coordinador/a:                         Roberto Javier López López
Contacto:                         robertojavier.lopez@usc.es

[Ver tríptico en documento adxunto]

Descargar adxunto