Os camiños do Modernismo. VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna (USC & FEHM)
Datas: 17/03/2022 | 19/03/2022
Entre os días 17 e 19 de marzo de 2022 celebrarase o VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna. “Os Camiños do Modernismo”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, comandada polos membros do Grupo de Investigación en Historia Moderna (GI-1921), e a Fundación Española de Historia Moderna. O encontro, que está coordinado por Ofelia Rey Castelao (USC) e Francisco Cebreiro Ares (UCM), tivo unha gran acollida, polo que reune en Santiago a máis de 200 investigadores, novos e consolidados, de todas as universidades españolas, así como tamén doutras de fóra.

Estas xornadas están deseñadas para promover o intercambio científico, así como a interacción social dos novos historiadores, polo que asumen un formato dinámico e participativo, con especial relevancia do debate académico. O encontro está organizado en seis seccións temáticas:
- Os itinerarios da política: actores, institucións e ideas
- As rutas dos individuos: personaxes, familias e grupos
- Os circuitos do comercio: instrumentos, mercancías e capitais
- Os caminos da fe: peregrinaxes, asistencia e devoción
- As sendas da cultura: artes, discursos e escritos
- As travesías do xénero: mulleres, percorridos e desenlaces
Os bloques estarán intercalados con distintos relatorios simultáneos de diferentes especialistas. Asemade, o coloquio conta cunha conferencia inaugural, impartida por Bernard Vincent (EHESS, Francia) o venres 18, por motivos de axenda, e unha final, a cargo de Pegerto Saavedra (USC), que terá lugar o sábado 19 ao peche.
O encontro científico celebrarase de xeito presencial na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, cumprindo as medidas sanitarias oportunas (COVID-19). Non obstante, está prevista a intervención en liña de investigadores internacionais que non poidan viaxar a Santiago de Compostela. Recordase que todos os comunicantes e asistentes deben estar inscritos: https://fehm-reuniones.csic.es/
Calendario:
Día 17: recollida da documentación dende as 12 h.
de 16,30 a 20,30 h.: comunicacións das seccións 1, 4 e ponencias.
Día 18: de 9 a 14 h. e de 16 a 20 h.: comunicacións seccións 1, 2, 6 e ponencias.
Día 19: de 9 a 13,30 h.: comunicacións seccións 2, 3, 5, 6 e ponencias.
ás 13,30 h. clausura do encontro.
Pode consultar o programa completo actualizado no arquivo descargable que se anexa abaixo.