Ir ao contido principal

VII Xornadas Internacionais Mulleres na Historia: Mulleres Malas

O día 5 de maio de 2023, no Paraninfo da USC, Facultade de Xeografía e Historia, vanse celebras as VII Xornadas Internacionais Mulleres na Historia, coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia, Universidade de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, o encontro científico organizase en torno ao título “Mulleres Malas” e o mesmo poderá seguirse de xeito presencial ou en modalidade a distancia (só para alumnado e interesados externos á USC). Esta actividade, que está aberta a toda a comunidade investigadora, forma parte das actividades científicas do GIHM.

O encontro está recoñecido pola CAPD, do día 10 de abril de 2023, polo que se entregará certificado dun valor de 10 horas aos/ás estudantes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. Tamén se entregará diploma de asistencia presencial aos/ás estudantes dos mestrados e dos grados universitarios da USC, valor dez horas. A asistencia a distancia, a través de Microsoft Teams, queda reservada para os/as estudantes e investigadores/as externos á USC. Todos/as os interesados en participar a distancia e en obter unha acreditación deberán enviar un resumo de un máximo de dous folios antes do 10 de maio de 2023.

Inscrición gratuíta: ata 4 de maio, ás 14 horas, vía e-mail a Antonio González López (antoniogonzalez.lopez@usc.es). Os asistentes de fóra da USC deberán contactar cos dos secretarios, Antonio González López (antoniogonzalez.lopez@usc.es) e Alex Valledor Aróstegui (alex.valledor.arostegui@usc.es), para obter a ligazón virtual.

Coloquio Internacional “Baixo o mesmo sol en terras estrañas. Migración intrapeninsular galega e portuguesa (séculos XVI-XIX)”

Os días 20 e 21 de abril de 2023, na Universidade de Santiago de Compostela, vaise celebrar o Coloquio Internacional “Baixo o mesmo sol en terras estrañas. Migración intrapeninsular galega e portuguesa (séculos XVI-XIX)”. O encontro científico, que está coordinado por Domingo L. González Lopo e Ana M. Sixto Barcia e financiado polo Grupo de Investigación en Historia Moderna (GI-1921), acolle a destacados especialistas que abordarán un tema de interese xeral.

O coloquio está aberto á comunidade investigadora e estudantil. Neste senso, entregarase un diploma de asistencia aos estudantes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia del Arte, por acordo da CAPD do 10 de abril de 2023, e do mestrado universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII da USC, así como a outros interesados (valor lectivo: 10 horas). Inscricións no seguinte enderezo: anam.sixto@usc.es

Conferencia da doutora Carmen Sanz Ayán (Universidad Complutense de Madrid)

O vindeiro día 19 de abril de 2023, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar unha nova sesión dos Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) baixo a coordinación da profesora María del Carmen Saavedra Vázquez (USC). Nesta ocasión, a doutora Carmen Sanz Ayán (Universidad Complutense de Madrid) impartirá a conferencia «Necesidad y poder de los “hombres de negocios” en los siglos XVI y XVII». A actividade terá lugar na aula 10 da facultade de Xeografía e Historia e a mesma está aberta a toda a comunidade universitaria.

Entregarase certificado de asistencia aos/ás estudantes de doutorado de Historia, Xeografía e Historia del Arte e do mestrado universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Siglos XVI-XVIII da USC.

Conferencia do profesor Lourenço Gomes sobre “A revolta dos rendeiros da Ribeira dos Engenhos de 1822 na ilha de Santiago de Cabo Verde”

O 18 de abril de 2023, ás 16:00 horas, na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia, o profesor Lourenço Gomes, da Universidade de Cabo Verde, impartirá a conferencia “A revolta dos rendeiros da Ribeira dos Engenhos de 1822 na ilha de Santiago de Cabo Verde”. A actividade, coordinada pola profesora Ofelia Rey Castelao, está aberta a toda a comunidade universitaria.

Seminario Interactivo “A conflitividade social na Galicia moderna: as fontes e os problemas”

O vindeiro xoves, 13 de abril, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC, vaise celebrar o seminario interactivo “A conflitividade social na Galicia moderna: as fontes e os problemas”. O encontro, que está coordinado pola profesora Ofelia Rey Castelao, contará coa participación de Celia Enríquez Rubal, investigadora do FPI da Universidade de Castela-A Mancha e membro do Seminario de Historia Social da Poboación (SEHISP) da devandita universidade, que impartirá a conferencia “As fontes da conciliación en Galicia no remate do Antigo Réxime”, e Antonio González López, investigador da FPU da USC, que impartirá a conferencia “As fontes xudiciais para o estudo da conflitividade social en Galicia da Idade Moderna”. A actividade está aberta a toda a comunidade universitaria.

Conferencia de Lucía Uncal (Universidade Nacional de La Plata, Arxentina)

O vindeiro día 15 de febreiro de 2023, ás 12 horas, terá lugar unha actividade científica coa investigadora convidada Lucía Uncal, da Universidad Nacional de La Plata. A especialista arxentina impartirá unha conferencia titulada “Cara á profesionalización: cómicos e cómicas na Monarquía Hispánica (séculos XVI e XVII)”. O encontro, que se celebrará na sala dos seminarios de arte (último piso, área de despachos), da Facultade de Xeografía e Historia (USC), está aberto a toda a comunidade investigadora.

III Seminario da Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións. Cultura e migración intercontinental: o caso caboverdiano (25/11/22)

O vindeiro venres 25 de novembro de 2022, de 10.00 a 12.30 horas, na aula dos seminarios de arte (último andar, área de despachos), Facultade de Xeografía e Historia (USC), celebrarase o III Seminario da Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións. Cultura e migración intercontinental: o caso caboverdiano, coordinado por Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo (USC).