O vindeiro mes de xullo, os días 11-13, celebrarase o curso de verán “Historia da Galicia Marítima. Expansión Económica, Crise e Conflitividade Social”, coordinado polo profesor Isidro Dubert García, catedrático de Historia e director do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921). A reunión científica, que forma parte dos cursos organizados pola Universidade de Verán 2022 (USC), terá lugar no salón de actos da facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, Santiago.
Actualización! A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (Grao) para o seu alumnado, e recibirán a tal efecto un certificado, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso: 1 crédito ECTS.
Curso recoñecido pola Comisión Académica do Programa de Doutorado (CAPD) de Historia, Arte e Xeografía da USC (valor 10 horas).
Matrícula:
– Taxa reducida: aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC, é de 40 €.
– Taxa xeral: excluíndo os anteriores casos, é de 70 €.
Incripcións: https://www.usc.gal/gl/servizos/cultura/veran#SANTIAGO