Ir ao contido principal

III Xornadas Mulleres na Historia: Mulleres e Xustiza I

O vindeiro venres 21 de maio de 2021 terán lugar as III Xornadas Mulleres na Historia: Mulleres e xustiza I, coordinadas por Ofelia Rey Castelao (USC), Ana María Sixto Barcia (USC) e María Jesús Souto Blanco (USC). O encontro celebrarase na aula 10 da facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela, dende as 9:00 ata as 20:00 horas. 

Debido á situación sanitaria actual, a asistencia presencial limitarase a 40 persoas. Para suplir estas limitacións, tamén se habilitou unha modalidade semipresencial a través de Microsoft Teams. A asistencia ao curso, en calquera das dúas modalidades, será acreditada documentalmente con 10 horas lectivas. 

Para formalizar a inscrición (de balde) ou resolver calquera dúbida, escribir a: a.rodriguez.lemos@usc.es

II Xornadas Mulleres na Historia

O 11 de decembro de 2020 celebraranse as II Xornadas Mulleres na Historia, coordinadas por Ana M. Sixto Barcia, María Xesús Souto Blanco e Ofelia Rey Castelao. Esta actividade, financiada polo proxecto PGC2018-093841-B-C31, está recoñecida como actividade lectiva polo programa de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte”, así como polo mestrado “Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, da Universidade de Santiago de Compostela, polo que se entregará certificado aos asistentes.

II Seminario Internacional de Novos Investigadoras e Investigadores: Os horizontes da historia

O 20 de novembro de 2020, na aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia (USC), terá lugar o II Seminario Internacional de Novos Investigadoras e Investigadores: Os Horizontes da Historia. Daniel Mena Acevedo, bolseiro predoutoral vinculado ao GIHM, e Abel Lorenzo Rodríguez serán os coordinadores do encontro. O seminario organizarase ao redor de 20 comunicacións distribuídas en catro seccións e dúas conferencias invitadas, en xornada continua de 09:00 a 20:00 horas.

Cancelación da conferencia de José Pedro Paiva (Universidade de Coimbra)

O doutor José Pedro Paiva (Universidade de Coimbra) impartirá unha conferencia titulada “En que se distinguían e que finalidade tiñan  as visitas pastorais na América española e no Imperio portugués (antes e despois de 1564)?” na USC. A charla terá lugar o 27 de marzo de 2020, de 10:00 á 12:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia. Esta actividade, coordinada por Domingo L. González Lopo e organizada polo Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta a toda a comunidade universitaria. 

Cancelación da conferencia de Manuel Peña Díaz (Universidade de Córdoba)

O doutor Manuel Peña Díaz (Universidade de Córdoba) impartirá unha conferencia titulada “A cultura popular na arte e na literatura dos séculos XVI e XVII” na USC. A charla terá lugar o 22 de abril de 2020, de 12:00 á 14:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia. Esta actividade, coordinada por Roberto J. López López e organizada polo Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta a toda a comunidade universitaria.

Conferencia de Juan E. Gelabert (Universidade de Cantabria)

O doutor Juan E. Gelabert (Universidad de Cantabria) impartirá unha conferencia titulada “Ausencia de revolución. Fisco, política e relixión en Castela no século XVII”. A charla realizarase o vinte e oito de febreiro de 2020, de 10:00-12:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Esta actividade, coordinada polos profesores Domingo L. González Lopo e Camilo J. Fernández Cortizo, está aberta á participación de toda a comunidade universitaria.

Relatorio de Juan P. Bubello (Universidade de Bos Aires)

O doutor Juan Pablo Bubello (Universidade de Bos Aires) impartirá unha conferencia titulada “Alquimia, persecucións e resistencia na España de Filipe II”. A charla realizarase o 18 de febreiro de 2020, de 12:00 a 14:00 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia (USC). 

Relatorio de José Javier Ruiz Ibáñez (Universidade de Murcia)

O doutor José Javier Ruiz Ibáñez (Universidade de Murcia) impartirá unha conferencia titulada “A Hispanofilia e o Dragón na costa” na USC. A charla terá lugar o 18 de febreiro de 2020, de 18:00 ás 20:00 horas, na aula 6 da Facultade de Xeografía e Historia. Esta actividade, coordinada por Ofelia Rey Castelao e organizada polo Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta á participación de toda a comunidade investigadora.

Conferencia de José Ignacio Fortea Pérez (Universidade de Cantabria)

O doutor José Ignacio Fortea Pérez (Universidade de Cantabria) impartirá unha conferencia titulada “Perspectivas do absolutismo en Francia e en Castilla a principios da Idade Moderna: dous modelos en contraste”. A charla realizarase o venres oito de novembro de 2019, de 12:00-14:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Esta actividade, coordinada polos profesores Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo, está aberta á participación de todos os estudantes.