Ir ao contido principal

Conferencia de Víctor Mínguez Cornelles (Universitat Jaume I)

O doutor Víctor M. Mínguez Cornelles (Universitat Jaume I) impartirá o mércores 06 de novembro de 2019 unha conferencia titulada “Os Habsburgo e a proxección da súa imaxe dinástica: as galerías de emperadores”. A charla realizarase na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia (USC), de 10:00-12:00 horas. Esta actividade, coordinada polo profesor Hortensio Sobrado Correa e organizada polo Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta á participación de todos os estudantes.

 

Encontro científico: “Nas orixes da apocalipse demográfica e social de Galicia”

A actividade celebrarase os días 24 e 25 de outubro de 2019 no salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña e está organizada por Isidro Dubert, membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna” da USC, e Antía Pérez Caramés, integrante do “Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais” da Universidade da Coruña. Nela exporanse aqueles contidos propios da Historia Moderna, Historia Contemporánea, Historia Económica de Galicia, Demografía Histórica, Socioloxía Histórica e Demografía, que axudan a comprender a actual situación demográfica e social de Galicia, a partires do acontecido ao respecto en España e Europa.

Este encontro científico foi recoñecido con 10 horas lectivas pola Comisión Académica do Doutoramento (USC), polo que se entregará certificado aos asistentes. Todos aqueles de desexen participar deben enviar un email cos seus datos básicos (nome, apelidos, DNI, facultade e ano do grao que están a cursar) ao seguinte enderezo: simposiodemografia@gmail.com 

Seminario “Mulleres na Historia: Novas Perspectivas”

O 18 de outubro de 2019 vaise celebrar o seminario “Mulleres na Historia: Novas Perspectivas”, coordinado por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia. Esta actividade, vinculada ao Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está recoñecida como actividade lectiva polos programas de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” e “Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe”, así como polos másteres “Igualdade, Xénero e Educación” e “Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, da Universidade de Santiago de Compostela, polo que se entregará certificado aos asistentes.

 

Conferencia de Rafael F. Torres Sánchez (Universidade de Navarra)

O doutor Rafael Torres Sánchez (Universidade de Navarra) impartirá o luns 7 de outubro de 2019 unha conferencia titulada “A guerra na contrucción do Estado moderno europeo”. A actividade desenvolverase na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia (USC), de 12:00 a 14:00 horas. Esta actividade, vinculada ao Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta á participación de todos os estudantes. 

CV CONFERENCIANTE

 

Guerra e territorio na España dos Austrias

O seminario científico “Guerra e territorio na España dos Austrias” celebrarase os días 03 e 04 de outubro no Museo Militar da Coruña. O curso, no que participan os principais especialistas no tema, está coordinado por M. C. Saavedra (USC). 

Seminario “Balance dos estudos sobre a peregrinación a Compostela (Séculos XVI-XIX): Fontes, Métodos, Resultados e futuras liñas de investigación”

O Grupo de Investigación de Historia Moderna organiza os días 11 e 12 de abril o seminario Balance dos estudos sobre a peregrinación a Compostela (Séculos XVI-XIX): Fontes, Métodos, Resultados e futuras liñas de investigación. As sesións do seminario, de libre acceso, terán lugar nas aulas 3, 10 e 14 da Facultade de Xeografía e Historia da USC (Praza da Universidade).

 

Seminario Internacional do Máster en Historia Modena “Monarquía de España, séculos XVI-XVIII”

O día 20 de abril, a partir das 9 horas na aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia da USC, organízase como acto de clausura do Máster “Monarquía de España, séculos  XVI- XVIII” un seminario coa participación de Marco Penzi (Université Paris 1 Panthéon-Sorbonne, Francia) e Julián Carrera (Universidad Nacional de la Plata, Arxentina).
A comisión do  Programa de Doutoramento en Historia Xeografía e Historia da arte da USC recoñeceu este seminario como actividade formativa para os seus alumnos. Entregarase certificado de asistencia.