Ir ao contido principal

VIII Seminario-Obradoiro de Historia Moderna “Tempo, clima e desastres naturais (séculos XV-XIX): perspectivas históricas”

Organizado polo Grupo de Investigación de Historia Moderna e pola revista Obradoiro de Historia Moderna e coordinado polo prof. Camilo Fernández Cortizo, terá lugar o 22 e 23 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC.

O Seminario está recoñecido como actividade de formación metodolóxica para os alumnos do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. A asistencia ás sesións é libre e gratuíta. Aos interesados que se preinscriban entregaráselles certificado de asistencia. 

X Curso de Primavera USC “A violencia na cultura e na historia”

O Curso de Primavera da USC preséntase como un foro para a análise e o debate organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e orientado a complementar a formación humanística do alumnado da Universidade de Santiago, pero tamén pensado como espazo de encontro para resto da sociedade lucense. Nesta, a súa X edición, afondará no estudo da violencia na cultura e na historia a través de diferentes relatorios e actividades que se desenvolverán do 22 ao 25 de abril no salón de actos da Facultade de Humanidades.