Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Relatorio da Dra. Dña. Rebeca Blanco Rotea (Lab2PT – U. Minho, Portugal)

Datas: 25/02/2022 | 25/02/2022

A doutora doctora Dña. Rebeca Blanco Rotea (Laboratório de Paisagens, Património e Territorio (Lab2PT) – U. Minho) impartirá a conferencia titulada “A fortificación da fronteira do río Miño na Idade Moderna. Entre a teoría, a arquitectura e a paisaxe”, dentro do ciclo dos Seminarios Internacionais “As defensas da Monarquía”. A reunión celebrarase o día 25 de febreiro de 2022, ás 11:00 horas, na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Este seminario internacional, coordinado polos profesores Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo, está organizado polo mestrado en Historia Moderna “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, coa colaboración do Grupo de Investigación de Historia Moderna (GI-1921). A actividade científica está aberta á participación de toda a comunidade universitaria.

Prema aquí para ingresar á reunión

 

Organiza o mestrado en Historia Moderna “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Cantabria e Universidad Autónoma de Madrid, y colabora el Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), Universidade de Santiago de Compostela.

Descargar adxunto