Relatorio de Juan P. Bubello (Universidade de Bos Aires)
Datas: 18/02/2020 | 18/02/2020
O doutor Juan Pablo Bubello (Universidade de Bos Aires) impartirá unha conferencia titulada “Alquimia, persecucións e resistencia na España de Filipe II”. A charla realizarase o 18 de febreiro de 2020, de 12:00 a 14:00 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia (USC).

O encontro, no que colabora o GIHM e o máster “Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI-XVIII”, está organizado polo proxecto “Rebellion and Resistance in the Iberian Empires, 16th-19th centuries” (778076 – H2020-MSCA-RISE-2017), Marie Skłodowska-Curie Research and Innovation Staff Exchange, European Union, e polo proxecto “Culturas Urbanas y Resistencias en la Monarquía Hispánica en la Edad Moderna” (PGC2018-093841-B-C31), Axencia Estatal de Investigación e Ministerio de Ciencia e Innovación.
O relatorio está recoñecido como actividade docente polo programa de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” e polo master “Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI-XVIII”, polo que se entregará o certificado de asistencia.
CV do especialista: https://uba.academia.edu/JuanBubello