Relatorio do Dr. D. Carlos Caetano (CEPESE & CHAM, Portugal)
Datas: 25/02/2022 | 25/02/2022
O doutor D. Carlos Caetano (CEPESE, Centro de Estudos da População, Economía e Sociedade, & CHAM, Centro de Humanidades, Universidade Nova de Lisboa e Universidade dos Açores) impartirá o relatorio titulado “As fortificações marítimas de Lisboa na Época da Restauração de 1640”, dentro do ciclo dos Seminarios Internacionais “As defensas da Monarquía”. A reunión celebrarase o día 25 de febreiro de 2022, ás 12:00 horas, na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Este seminario internacional, coordinado polos profesores Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo, está organizado polo mestrado en Historia Moderna “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, coa colaboración do Grupo de Investigación de Historia Moderna (GI-1921). A actividade científica está aberta á participación de toda a comunidade universitaria.
Prema aquí para ingresar á reunión

Organiza o mestrado en Historia Moderna “Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Cantabria e Universidad Autónoma de Madrid, y colabora el Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), Universidade de Santiago de Compostela.