Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Seminario internacional “Gañar a vida; salvar a vida: Traballadores e exiliados galegos en Portugal (XVII-XIX)”

Datas: 17/10/2019 | 18/10/2019

O Grupo de Investigación “Historia Moderna” celebra un seminario internacional os días 17 e 18 de outubro de 2019. O encontro, coordinado por Camilo Fernández Cortizo, Domingo Luis González Lopo e Hortensio Sobrado Correa, leva por título “GAÑAR A VIDA; SALVAR A VIDA: TRABALLADORES E EXILIADOS GALEGOS EN PORTUGAL (XVII-XIX)”.

Esta actividade está recoñecida polo programa de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte”, polo que se entregará certificado aos asistentes.

A entrada é libre e gratuíta, de xeito que a actividade está aberta a todos aqueles estudantes de grao, de doutoramento e de máster, así como outros investigadores, que queiran participar.

Actividade coordinada por: Camilo Fernández Cortizo, Domingo Luis Gonzáles Lopo e Hortensio Sobrado Correa, Grupo de Investigación “Historia Moderna”.

Celebración: Paraninfo da Fac. de Xeografía e Historia (17/10/19 – 18:30 a 21:30 horas)
Facultade de Filosofía (18/10/19 – 9:30 a 20:30 horas)

PROGRAMA DO SEMINARIO

CARTEL