Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Seminario Internacional “Poboación, Natureza e Clima: Desequilibrios, Impactos e Desastres (Séculos XVI-XIX)”

Datas: 21/04/2022 | 22/04/2022

Os días 21 e 22 de abril de 2022 vaise celebrar o Seminario Internacional “Poboación, Natureza e Clima: Desequilibrios, Impactos e Desastres (Séculos XVI-XIX)”, dentro do ciclo de seminarios formativos do GIHM. O encontro está coordinado por Camilo Fernández Cortizo, Domingo Luis González Lopo e Hortensio Sobrado Correa e financiado polo Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), Universidade de Santiago de Compostela.

Esta actividade lectiva presencial está recoñecida para o alumnado do programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC con 10 horas lectivas, así como para o do mestrado Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII. Darase certificado acreditativo de asistencia aos que participen en todas as sesións. 

Accede á reunión en remoto premento aquí

 

PROGRAMA

Día 21 de Abril de 2022. Sala de Profesores. Facultade de Xeografía e Historia.

18:15 Inauguración.

18:30-19:15: María João Alcoforado (Universidade de Lisboa): “Cooperacão pluri-disciplinar em climatologia histórica. Exemplo do estudo de eventos hídricos extremos em Portugal no século XVIII)”.

19:15-20:00h.: Camilo Fernández Cortizo (USC): “Augas destructoras: temporales e inundacións en Galicia (séculos XVIII-XIX)”.

20:00-20:30: Debate e mesa redonda con Agusto Pérez Alberte.

Día 22 de Abril de 2022. Aula 5. Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos).

9:30-10:15: Juan López Bedoya y Domingo L. González Lopo (USC): “Unha aproximación pluridisciplinar dende a Xeografía e a Historia ás consecuencias do Terremoto de 1755 no sur de Galicia e no norte de Portugal”.

10:15-11:00: Hortensio Sobrado Correa (USC): “Home e natureza. O campesiñado e o lobo na Galicia dos séculos XVI-XIX: un conflicto secular”.

11:00-11:30: Descanso.

11:30:12:15: Ana Isabel Alves Lopes (Universidade do Porto-CITCEM): “Paróquias submersas por areias no Noroeste de Portugal (séculos XVI-XIX): impactos, adaptação e memória)”.

12:15-13:00: Andrés Pino Pérez: “Un episodio hidrometeorolóxico extremo en San Andrés de Hío (Cangas, Pontevedra), durante a Pequena Idade do Xeo (séculos XVI e XVII)”.

13:00-13:30: Debate.

16:30-1715: Anxo Rodríguez Lemos (USC): “Do casual ao permanente: a institucionalización das rogativas en Galicia. O clamor de santa Tecla de A Guarda”.

17:15- 18:00: José Ramón Pérez Salgado: “Rogando pola bonanza dos tiempos. A Congregación do Clamor de Bermés e Vilariño (séculos XVII-XIX)”.

18:00-18:45: Pegerto Saavedra Fernández (USC): “A ‘tona histórica’ do territorio: a humanización da natureza nos séculos XVI-XVIII”.

18:45-19:15: Debate e clausura

Coordinado por: Camilo Fernández Cortizo, Domingo Luís González Lopo e Hortensio Sobrado Correa

Organizado e financiado por: Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Descargar adxunto