Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Seminario “Mulleres na Historia: Novas Perspectivas”

Datas: 18/10/2019 | 18/10/2019

O 18 de outubro de 2019 vaise celebrar o seminario “Mulleres na Historia: Novas Perspectivas”, coordinado por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia. Esta actividade, vinculada ao Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está recoñecida como actividade lectiva polos programas de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” e “Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe”, así como polos másteres “Igualdade, Xénero e Educación” e “Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, da Universidade de Santiago de Compostela, polo que se entregará certificado aos asistentes.

 

A entrada é gratuíta, de xeito que a xornada está aberta a todos aqueles estudantes de grao, doutoramento e mestrado, así como outros investigadores, que queiran participar.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE

9.00. Inauguración e presentación
9.15 a 13.45. Sesión 1
MONICA BOLUFER PERUGA, Univ. Valencia: Formas de pensar e de amar
Mª ANGELS PEREZ SAMPER, Univ. Barcelona: Formas de comportamento
INMACULADA ARIAS DE SAAVEDRA, Univ. Granada: Formas de leer
MARGARITA TORREMOCHA HERNANDEZ, Univ. Valladolid: Formas de delinquir
MARTA LOBO DE ARAUJO, Univ. Minho (Portugal): Formas de asistencia
Debate

15.45 a 19.00. Sesión 2
ANA M. SIXTO BARCIA, Univ. Santiago: Formas de resistir
OFELIA REY CASTELAO, Univ. Santiago: Formas de santidade
PILAR FREIRE ESPARIS, Univ. Santiago: Formas familiares
MARIA JESUS SOUTO BLANCO, Univ. Santiago: Formas de protesta
Debate e peche

PROGRAMA (DÍPTICO)

BREVE CV DAS POÑENTES

FOTOGRAFÍAS DO ENCONTRO

Descargar adxunto