V Xornadas Mulleres na Historia. Mulleres con iniciativa na Idade Moderna
Datas: 20/05/2022 | 20/05/2022
Os días 21 e 22 de outubro de 2021 celebrarase as IV Xornadas de Mulleres na Historia: Mulleres, Sociedade e Xustiza II, coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana María Sixto Barcia. O encontro está organizado polo Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta actividade lectiva presencial está recoñecida para o alumnado do programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC con 10 horas lectivas, así como para o dos mestrados Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII e Igualdade, Xénero e Educación da USC, previa inscrición antes do 18 de outubro de 2021. Darase certificado de asistencia para o que será preciso asinar en cada unha das sesións. El alumnado do Grao en Historia ou doutros mestrados deberá consultar por e-mail se hai prazas presenciais escribindo ao correo a.rodriguez.lemos@usc.es, antes do 20 de outubro de 2021.
O alumnado de Grao e Mestrado de calquera universidade que queira asistir de forma telemática deberá solicitalo ao correo a.rodriguez.lemos@usc, antes do 20 de outubro de 2021. Haberá 40 prazas para esta fórmula, reservada a asistentes externos. Darase certificado de asistencia a quen participe en todas as sesións, presentando antes do 1 de novembro de 2021 un resumo de dez liñas de cada relatorio.

Ingrese á reunión en remoto premento aquí
OBXECTIVOS DA XORNADA
Neste segundo encontro volveremos debater sobre as distintas relacións que se establecen entre as mulleres –de calquera idade e condición–, coas institucións encargadas de administrar xustiza no imperio hispánico e cos axentes de facer cumprir a lei nunha ampla interpretación. Abordaranse tanto temas vinculados á teoría xurídica e á normativa, como aos problemas reais relacionados coa familia, as actividades económicas, as resistencias e protestas, etc. Esta reunión foi planificada para dar a coñecer liñas de investigación consolidadas e novas e para desenvolver un debate activo no que poida participar o alumnado dos diferentes niveis universitarios.
PROGRAMA
Día 21 de outubro de 2021 SALON DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACION (CAMPUS VIDA)
Sesión 1
18:30 Presentación
18.45 Elisa Caselli, Universidad Nacional de San Martín (Arxentina)
Demandantes, querelantes e inculpadas: xudías e cristiás ante os estrados da xustiza (Coroa de Castela, séculos XV-XVI)
19.30 Yéssica Marlene González Gómez, Universidad de La Frontera (Chile)
Nin nais notables, nin mulleres excepcionais. Violencia e criminalidade feminina en Chile decimonónico
20.15-21 Debate
Día 22 de outubro de 2021 SALON DE ACTOS DA FACULTADE DE FILOSOFÍA (CAMPUS VIDA)
9:15 Presentación
Sesión 2
9:45-10:30 Pedro Ortego Gil, Universidade de Santiago de Compostela, A condición penal das mulleres na Idade Moderna
10:30- 11.15 Enrique Soria Mesa, Universidad de Córdoba, A presenza feminina nos morgados da España Moderna. Tipoloxías e preitos
11:15-11.45 Descanso
11:45-12-30 Camilo Fernández Cortizo, Universidade de Santiago de Compostela, En prisión, que no en clausura: reforma y resistencias de las benedictinas gallegas (1499-1528)
12:30: Debate e presentación de novidades
13:30-16:00 Pausa
Sesión 3
16:00-16:45 Gloria Franco Rubio, Universidad Complutense de Madrid, As mulleres ante a Xustiza: discurso patriarcal e respostas femininas
16:45-17:30 Francisco García González, Universidad de Castilla-La Mancha, Áspera liberdade solitaria. Mulleres soas, receo e conflitividade no Antigo Réxime
17:30-17:45 Descanso
17:45-18:30 Alberto Angulo Morales, Euskal Herriko Unibertsitatea, Rebelións e motíns en feminino nas provincias exentas (1631/1634-1804)
18:30-19:15 Tomás A. Mantecón Movellán, Universidad de Cantabria, Uxoricidio e feminicidio: testemuños históricos
19:15-20:30 Debate e clausura
Organizado por: Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921)
Coordinan: Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia
Secretario: Anxo Rodríguez Lemos
Descarga o programa completo premendo no adxunto! E o cartazo aquí.