X Curso de Primavera USC “A violencia na cultura e na historia”
Datas: 22/04/2014 | 25/04/2014
O Curso de Primavera da USC preséntase como un foro para a análise e o debate organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e orientado a complementar a formación humanística do alumnado da Universidade de Santiago, pero tamén pensado como espazo de encontro para resto da sociedade lucense. Nesta, a súa X edición, afondará no estudo da violencia na cultura e na historia a través de diferentes relatorios e actividades que se desenvolverán do 22 ao 25 de abril no salón de actos da Facultade de Humanidades.

O director do Curso é o profesor Fernando Suárez Golán, membro do Grupo Historia Moderna, que colabora asemade no seu financiamento. Os investigadores membros do Grupo Historia Moderna participan coa conferencia de María del Carmen Saavedra Vázquez o xoves 24 de abril sobre “Violencia y guerra en la Galicia moderna”, e na composición do Comité Científico do que forma parte o coordinador Isidro Dubert.
Comité científico
- Isidro Dubert García (Universidade de Santiago de Compostela)
- Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela)
- Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa)
- António Manuel Hespanha (Universidade Nova de Lisboa)
- Salomón Lerner Febres (Pontificia Universidad Católica del Perú)
- José María Mínguez Fernández (Universidad de Salamanca)
- Xosé M. Núñez Seixas (Ludwig-Maximilians-Universität München)
- Teresa María Ortega López (Universidad de Granada)
- Jacinto Rivera de Rosales Chacón (Universidad Nacional de Educación a Distancia)
- Olivia Rodríguez González (Universidade da Coruña)
- Luis Sazatornil Ruiz (Universidad de Cantabria)
- Alexandre Veiga Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela)
- Marcello Verga (Università degli Studi di Firenze)
- Max-Jean Zins (Centre d’études et de Recherches Internationales, CNRS)
Programa
O programa detallado pode consultarse aquí.