Xornada de orientación para a empregabilidade para alumnado de posgrao e egresados da área de Artes e Humanidades (nov. 2022)
Datas: 23/11/2022 | 23/11/2022
O encontro, que terá lugar o 23 de novembro de 9.30 a 20.00 horas na Facultade de Xeografía e Historia, está organizado polo “Mestrado Interuniversitario de Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI-XVIII” (USC) e o “Mestrado Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte” (USC).

O vindeiro 23 de novembro de 2022, na Aula 15 da facultade de Xeografía e Historia da USC, vaise celebrar a Xornada de orientación para a empregabilidade para alumnado de posgrao e egresados da área de Artes e Humanidades, organizada polo “Mestrado Interuniversitario en Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI-XVIII” (USC) e o “Mestrado Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte” (USC). O encontro científico, que se desenvolverá dende as 9:30 ata as 20 horas, está organizado en catro sesións, onde se abordarán diferentes traxectorias profesionais abertas para os egresados. Os interesados en participar poden escribir a: robertojavier.lopez@usc.es
Participan na actividade:
- María Isabel Casal Reyes, Directora da Biblioteca Xeral da USC
- María del Carmen Prieto Ramos, Directora do Arquivo do Reino de Galicia
- María Pereira Otero, Directora de Acción Cultural Fundación Cidade da Cultura
- Yolanda Porto, historiadora da arte e restauradora, empresa Fráxil
- Mónica Maneiro, Cooperativa Performa
- Chus Villar, Galería Nordés
- Jaime Oíza Galán, Director de exposicións e colecións, Concello da Coruña
- María García Trincado, Coach Ejecutivo AECOP, especialista en técnicas de emprego e orientación laboral