Ir ao contido principal

Agradecemento a todos os participantes do VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna. “Os camiños do modernismo”

           

Os organizadores e membros do GIHM da USC queren agradecer a todos os asistentes, comunicantes, evaluadores e comité científico a súa participación no VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna. “Os camiños do modernismo”, celebrado nos días 17-19 de marzo de 2022. O encontro foi un éxito, grazas á participación de 150 comunicantes e casi 200 asistentes, así como a un activo foro de debate, mostra habitual do compromiso do modernismo peninsular. Nesta mensaxe de gratitude, debemos facer unha mención especial aos nosos conferenciantes, Bernard Vincent e Pegerto Saavedra, polas súas leccións maxistrais tanto ao comezo como ao final do encontro, que nos fixeron reflexionar sobre a Historia e os seus camiños, así como a todos os relatores e comunicantes, que deron o mellor nivel académico nas sesións. Asemade, queremos agradecer aos nosos compañeiros franceses, portugueses, arxentinos, chilenos e outros moitos que se sumaron á iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Fundación Española de Historia Moderna (FEHM) e que seguiron con atención o encontro. En definitiva, moitas grazas a todos e Santiago seguirá sendo a vosa casa.

 

Ver imaxes do encontro   

 

Novas na prensa referentes ao encontro: 

Xornal USC

El Correo Gallego