Anuncio de contrato Predoutoral

Dende o pasado 12 de xaneiro está aberta a convocatoria da AEI de Axudas para Contratos Predoutorais vinculados a proxectos de investigación I+D+i (https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-predoctorales-formacion-doctores-2022). Nesta ocasión, ofrécese un posto vinculado ao proxecto Cidades e vilas do Noroeste Ibérico: gobernanza e resistencia na Idade Moderna, PID2021-124823NB-C21, vinculado ao GIHM. Este Contrato Predoutoral desenvolverase no Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (https://www.usc.gal/es/estudios/doctorados/artes-humanidades/programa-doctorado-historia-geografia-historia-arte). A petición dos investigadores principais do citado proxecto, Ofelia Rey Castelao (IP1) e Manuel Reyes García Hurtado (IP2), difúndese o anuncio.