Anxo Rodriguez Lemos gaña o XXIII Premio Ferro Couselo 2022
O investigador Anxo Rodríguez Lemos, vinculado ao Grupo de Investigación de Historia Moderna (GI-1921), obtivo o Premio Ferro Couselo 2022 que outorga o concello de Valga. A obra premiada leva por título “Entre aparicións, promesas e peregrinacións: a relixiosidade nos santuarios galegos na Idade Moderna (séculos XVII – XIX)”. O xurado acordou por unanimidade outorgar o premio a unha obra que trata un tema pouco estudado dende o punto de vista elixido polo autor, así como pola utilización de numerosas fontes de investigación, o que fai que o ensaio poida converterse nunha obra de referencia para investigadores, historiadores e, en xeral, persoas interesadas no tema.
Publicación do blog relacionada cos santuarios galegos