Ir ao contido principal

As sesións do Seminario “A decadencia da monarquía hispánica no século XVII. Vellas imaxes e novas achegas” inauguranse o 7 de novembro

O tema do seminario encádrase nas novas tendencias historiográficas que últimos anos foron desenvolvidos nos campos da historia política e historia militar, pero tamén no campo da historia da cultura ou da literatura. De feito, o programa do seminario caracterízase pola multidisciplinaridade dos participantes e a interdisciplinaridade dos temas propostos. Nas sesións, a realizarense no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC, non só tomarán parte historiadores e historiadores de arte, senón tamén do pensamento económico e da literatura. Entre os relatores, ademais dos principais especialistas na historia militar e representacións, destaca a participación de dous hispanistas de prestixio: o británico Christopher Storrs, profesor da University of Dundee, e o italiano Davide Maffi, da Università di Pavia; así como de dous Premios Nacionais de Historia de España: Luís Ribot, na convocatoria de 2003 por La Monarquía de España y la guerra de Mesina (1674-1678), e Carmen Sanz Ayan en 2014, con Los banqueros y la crisis de la monarquía hispánica de 1640. Ademais, o seminario contará con contribucións dos principais expertos sobre temas como o arbitrismo, con Luís Perdices de Blas, ou a literatura de Quevedo, con Pablo Jauralde Pou.

A participación no seminario é libre ata cubrir prazas. Expedirase certificado de asistencia a aqueles que o solicitasen e participen regularmente nas sesións. Para obter o certificado será necesario inscrivirse previamente a través do envío de un correo electrónico indicando o nome e DNI a mdelcarmen.saavedra@usc.es ou ben na pestaña de preinscripción activa na páxina da actividade. 

Prema aquí para facer a descarga do programa completo do Seminario