Ir ao contido principal

Atópase a disposición dos lectores o número do 2014 da revista Obradoiro de Historia Moderna en formato electrónico.

Neste número aparecen traballos de distintos investigadores peninsulares e europeos (pulse aquí para ver a táboa de contidos). Neles, ofrécese información de primeira man sobre o funcionamento dos sistemas hereditarios castelán e francés durante a idade moderna; os avisos de Luis Valle da Cerda á monarquía española; o arbitrismo e o imperio ultramarino portugués entre 1580 e 1640; o control e o negocio da débeda na España da primeira metade do século XVIII; as redes de sociabilidade das oligarquías urbanas na Galiza; o comportamento das elites de Castela-A Mancha a través da concesión de hábitos das ordes militares; o estudo da correspondencia privada e o nacemento da sensibilidade moderna na España do XVIII; os colexiais do Colexio da Sapiencia de Mallorca no séculos XVIII; as exploracións atlánticas de Francisco Muñoz e San Clemente; e as autorizacións do Consello Real de Castela á impresión de libros no século XVI.

Nestes intres estamos a traballar na edición impresa que, confiamos, verá á luz nas próximas semanas.