CALL FOR PAPERS: 1.5 Cidade e migración na Europa Meridional (1600-1900) AISU, FERRARA 2023

Xa está aberto o prazo para presentar comunicacións no XI Congreso da Associazione Italiana di Storia Urbana (AISU), que este ano se celebrará na cidade de Ferrara, entre o 13 e o 16 de setembro de 2023. Todos os interesados en participar, teñen a súa disposición 7 grandes macrosesións con distintas posibilidades para debater sobre o mundo urbano. Entre as distintas opcións, está a sesión 1.5 Città e migrazioni nell’Europa meridionale (1600-1900) [Cidade e migración na Europa Meridional (1600-1900)], coordinada por Camilo Fernández Cortizo (Universidad de Santiago de Compostela) e Domingo González Lopo (Universidad de Santiago de Compostela). Os interesados poden presentar un paper antes do 15 de maio de 2023 seguindo o formulario: https://aisuinternational.org/ferrara-2023-proposta-di-paper/
Esta sesión busca debater sobre as cidades como centros de atracción e expulsión da poboación. O seu crecemento demográfico e económico depende, en boa medida, das migracións. En consecuencia, esta sesión propón a análise de fenómenos e procesos, de carácter estatístico e demográfico, que condicionan a dinámica urbana e a configuración da rede urbana no sur de Europa, entre 1600-1900:
– Fontes sociodemográficas: tipoloxía documental e cuantificación dos fluxos migratorios.
– Crecemento da poboación e migracións (internacionais, internas, campo-cidade, longa distancia).
– Cidades e migracións: análise comparativa e transnacional.
– Inmigración e poboación estranxeira.
– Periodización temporal: cuantificación e evolución dos caudais. Saldos migratorios.
– Xeografía dos fluxos migratorios: zonas de partida e destino.
– Lugar de residencia e distribución urbana dos inmigrantes.
– Condicións persoais e actividades profesionais dos inmigrantes.
– Estrutura da poboación urbana: determinantes migratorios.
– As migracións e o mercado laboral: a emigración económica.
– As migracións e a situación política: o exilio político.
– Cidades fronteirizas: modelos de mobilidade.
Se precisa responder algunha dúbida, pode contactar con: camilojesus.fernandez@usc.es
Máis información sobre o encontro da AISU: https://aisuinternational.org/ferrara-2023-ferrara/