CALL FOR PAPERS: 6º Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna “Os Camiños do Modernismo”

Entre os días 17 e 19 de marzo de 2022 vaise celebrar o 6º Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna “Os Camiños do Modernismo” da Fundación Española de Historia Moderna, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Todos aqueles novos investigadores que o desexen, están chamados a participar.
As propostas poderán enviarse ata o 30 de novembro e conterán o título da proposta, o nome do autor e un breve resumo da comunicación cunha extensión non superior a 300 palabras ou 2.000 caracteres (con espazos), empregando o formulario disposto.
A reunión científica vaise realizar de forma presencial, se as circunstancias o permiten. Secasí, está prevista a intervención en liña para mozos investigadores internacionais que non poidan viaxar a Santiago de Compostela.
Máis informacións e formulario de propostas: https://fehm.csic.es/encuentros-de-jovenes-investigadores/en-curso/