CALL FOR PAPERS: Congreso Internacional “Gañarse a vida. Xénero e traballo a través dos séculos”

Xa comezou o prazo de presentación de comunicacións do Congreso Internacional “Gañarse a vida. Xénero e traballo ao longo dos séculos”. As propostas deberán enviarse á organización do congreso entre o 30 de xaneiro e o 15 de abril de 2022 a través da plataforma: https://form.123formbuilder.com/6082681/form
Hai un total de 43 mesas temáticas abertas. As comunicacións deberán incluír: Título, datos dos comunicantes (nome, filiación, correo electrónico), resumo de entre 300-500 palabras e de tres a cinco referencias bibliográficas. A aceptación informarase antes do 15 de maio de 2022.
A inscrición para o congreso é de 90€ e deberá realizarse antes do 15 de maio de 2022. Todo o alumnado terá un desconto do 50%. Ingrese ao formulario de inscrición na seguinte ligazón: https://form.123formbuilder.com/6083764/Ganarse-La-Vida-Registro