CALL FOR PAPERS: II Xornadas Internacionais de Historia do Mundo Atlántico na Modernidade Temperá c.1500-1800 – Primeira Circular

Entre os días 5 e 7 de outubro de 2022 vanse celebrar as “II Xornadas Internacionais de Historia do Mundo Atlántico na Modernidade Temperá c.1500-1800. Resistencias no Espazo Atlántico: África, América y Europa”, que terá lugar en La Plata (Arxentina). Nesta ocasión, o encontro xirará arredor das resistencias. Actualmente está aberto o prazo para a presentación de ponencias e propostas de mesas temáticas, así como de minicursos e de presentación de proxectos de investigación. Na circular que se adxunta, están todas as instruccións para aqueles interesados en participar.
Máis informacións: http://pimamt.fahce.unlp.edu.ar/jornadas-atlanticas/copy_of_jornadas