CALL FOR PAPERS: IX Congreso de Historia Moderna de Cataluña. “O mundo de Ignacio de Loyola. Relixión, cultura e sociedade nos séculos XVI e XVII” (Universitat de Barcelona, 2022)
O IX Congreso de Historia Moderna de Cataluña. “O mundo de Ignacio de Loyola. Relixión, cultura e sociedade nos séculos XVI e XVII” celebrarase en Barcelona e Manresa, do 19 ao 22 de decembro de 2022. Amplíase o prazo para o envío de propostas de comunicación ata o 31 de maio, enviando as mesmas ao enderezo electrónico congreshmc@ub.edu, seguindo as instrucións da circular. Para a presentación das propostas de comunicación é necesario achegar o título e un resumo dunha páxina (2.100 espazos) antes do 31 de maio de 2022. Posteriormente, entregarase o texto da comunicación, cun máximo de 15 páxinas, antes de dende o 1 de outubro de 2022.
Ligazón á circular: IXCHMC-Primera-Circular-01042022.pdf (ub.edu)