CALL FOR PAPERS: Monográfico do Arquivo Iberoamericano. Revista Franciscana de Estudos Históricos (2023)

Ábrese o prazo de presentación de achegas para o número monográfico da revista Arquivo Iberoamericano. Revista Franciscana de Estudos Históricos, que estará coordenado por Pablo Vázquez Bello, investigador en formación do GIHM. Nesta ocasión, o volume céntrase na temática da literatura e das crónicas franciscanas na Idade Moderna.
Os resumos ou propostas de contribución poderán enviarse para a súa avaliación por pares cegos ata o 31 de decembro de 2022, enviando un correo electrónico a: pablovazquez.bello@usc.es e/ou aia@revistasfranciscanas.org. Toda vez comunicada a aceptación pola revista, o texto íntegro do artigo deberá enviarse antes do 30 de abril de 2023. O número publicarase no segundo semestre de 2023.